```html
Tras as estacións de explicación e demostración técnica, en terras do concello de Castroverde, e despois de fortes subidas, comeza a travesía...
O propósito: a utilización da técnica específica en función da superficie e do desnivel.
Empuxe, rotación do pé... sentir... cada pisada como un escaneo do chan. Non é necesario mirar; é necesario empurrar e rotar.
A rotatta dos italianos...
Unha sesión dura da man dun dos mellores instrutores de nordic walking de España.
```
ACTIVIDADE SUBVENCIONADA POLA Excma. DIPUTACION DE LUGO. ÁREA DE MEDIO AMBIENTE .

Link acceso site da Excma Deputación de Lugo adicado a Reserva da Biosfera Terras do Miño
```html
Nordikeando polas serras do Páramo, desde Friolfe ata o límite con Láncara.
Un territorio que se abre entre os vales do Miño e do Neira, onde a paisaxe alterna praderías, soutos de castiñeiros e aldeas que resisten ao paso do tempo.
Desde o alto, a 700 metros, ao fondo divísase a Reserva da Biosfera dos Ancares, cos montes de Becerreá, Cervantes e Navia debuxando o horizonte.
A corda principal dos Ancares esténdese visible desde Penarrubia ata Cuiña, e a corcova do Mustallar distínguese con claridade entre a néboa baixa no centro, escoltada por Penalonga e Lagos.
Camiñar aquí é entender que a beleza non sempre está en chegar, senón en mirar amodo...
```
ACTIVIDADE SUBVENCIONADA POLA Excma. DIPUTACION DE LUGO. ÁREA DE MEDIO AMBIENTE .

Link acceso site da Excma Deputación de Lugo adicado a Reserva da Biosfera Terras do Miño
Saída recreativa por terras da Reserva da Biosfera Terras do Miño.
Hai unha liña invisible que atravesa Galicia de norte a sur, un eixo de cumios que separa o Atlántico das terras do interior.
É a Dorsal Central Galega, unha sucesión de montañas suaves e silenciosas que debuxan a espiña dorsal dun país onde a chuvia se fai paisaxe.
E hoxe percorremos ese territorio... en terras que van dende o do concello de Guitiriz ata o de Friol, na mítica Cova da Serpe.
#terrasdomiño
ACTIVIDADE SUBVENCIONADA POLA Excma. DIPUTACION DE LUGO. ÁREA DE MEDIO AMBIENTE .

Link acceso site da Excma Deputación de Lugo adicado a Reserva da Biosfera Terras do Miño
Continuamos coas dinámicas grupais na segunda sesión do día da Máster Class con Jorge López na Reserva da Biosfera Terras do Miño: unha proposta que combina a técnica do nordic coa quietude do ioga, unha fusión que une movemento, pausa e observación.
Un espazo para sentir e experimentar, en diálogo cunha das paisaxes máis singulares da Reserva.
ACTIVIDADE SUBVENCIONADA POLA EXCMA. DIPUTACIÓN DE LUGO. ÁREA DE MEDIO AMBIENTE.
>ACTIVIDADE SUBVENCIONADA POLA Excma. DIPUTACION DE LUGO. ÁREA DE MEDIO AMBIENTE .

Link acceso site da Excma Deputación de Lugo adicado a Reserva da Biosfera Terras do Miño
Nordic Walking Lugo
Comezamos a Máster Class con Jorge López na Reserva da Biosfera Terras do Miño: unha proposta que combina a técnica do nordic coa quietude do ioga, unha fusión que une movemento, pausa e observación.
Un espazo para sentir e experimentar, en diálogo cunha das paisaxes máis singulares da Reserva.
Nesta ocasión tocou sesión indoor por mor do temporal de chuvia e vento, que non permitiu realizala ao aire libre na marxe do río Miño ao seu paso polo concello de Lugo.
>ACTIVIDADE SUBVENCIONADA POLA Excma. DIPUTACION DE LUGO. ÁREA DE MEDIO AMBIENTE .

Link acceso site da Excma Deputación de Lugo adicado a Reserva da Biosfera Terras do Miño
Outono avanzado na Reserva da Biosfera Terras do Miño...
Tras días e noites de chuvia, o sendeiro convértese nunha alfombra viva: marróns e ocres que renxen baixo os pés dos walkers...
Verdes que se abren paso en cada sombra...
E, á beira do camiño, o espectáculo silencioso dos muros de pedra seca, Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade, dos que Lugo, xunto a unhas poucas provincias españolas, é orgullosa merecedora...
Muros tapizados de verde... ou, mellor dito, de infinitos verdes...
Toda unha paleta cromática...
Walkers que respiran baixo o tímido sol que asoma e acompaña cada paso.
ACTIVIDADE SUBVENCIONADA POLA Excma. DIPUTACION DE LUGO. ÁREA DE MEDIO AMBIENTE .

Link acceso site da Excma Deputación de Lugo adicado a Reserva da Biosfera Terras do Miño

